Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2016 Páx. 2371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 17 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente LU-PES 055/2015 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e doutras medidas de reforma administrativa, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación son a resolución e a iniciación e foron adoptados polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A sede da Xefatura Territorial é rolda da Muralla nº 70-2º (Lugo).

O prazo para realizar a comparecencia será de dez días e comezará a contar a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta notificación no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Unha vez transcorrido o prazo de dez días desde a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao daquela publicación.

Lugo, 17 de decembro de 2015

P.S. (Resolución do 19.11.2015)
Iván Pedrosa Castillo
Xefe do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-PES 055/2015.

Interesado: Alberto Eiros Salgado.

Acto notificado: resolución.

Expediente: LU-CAZ 050/2015.

Interesado: Enrique Rico Rico.

Acto notificado: iniciación.

Expediente: LU-CAZ 051/2015.

Interesado: Manuel Rego Villanueva.

Acto notificado: iniciación.

Expediente: LU-PES 103/2015.

Interesado: Antonio Medina Gómez.

Acto notificado: iniciación.