Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2016 Páx. 2199

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario número 0004289/2015, interposto contra a Resolución do 23 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

A Consellería de Política Social recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sección Segunda) oficio no cal se comunica a interposición do recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario número 0004289/2015, interposto contra a Resolución do 23 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, pola que se desestima o recurso potestativo de reposición presentado contra a resolución de continuación da tramitación e levantamento da suspensión do procedemento para a formalización do acordo marco para a subministración de produtos de alimentación non perecedoiros, destinados aos centros prestadores de servizos sociais dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acordou o 23 de novembro de 2015, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2016

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social