Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2016 Páx. 2197

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Verín (expediente IN407A 2015/56-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Concello de Verín.

Domicilio social: praza do Concello nº 1, 32600 Verín.

Denominación: CS, LMT e CT Centro das Artes de Verín.

Situación: Verín.

Características técnicas:

Centro de seccionamento de enerxía en caseta prefabricada de formigón, con 3 celas modulares: 2 celas para entrada e saída das liñas eléctricas da compañía distribuidora e a outra cela de protección da liña eléctrica que alimenta o CT proxectado, en local edificio de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V de alimento seco no cal tamén se instalarán celas de remonte, de protección e de medida.

LMT subterránea de 95 m A 20 kV con condutor RHZ1 12/20 kV 3×1,95 mm2, con orixe no centro se seccionamento e remate no CT proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 13 de agosto de 2015

A. Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense