Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2016 Páx. 2097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 8 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución ditada na reclamación en materia de enerxía eléctrica con motivo da conexión dunha instalación solar fotovoltaica no concello de Cerdedo (expediente IN635A 2013/148-4).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que establece que as notificacións que non for posible efectuar se farán por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e que a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa, unha vez intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos e constar o reclamante como descoñecido, notifícaselle por anuncio no Boletín Oficial del Estado ao interesado que consta no anexo.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Asesoría Xurídica da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas na avenida Fernández Ladreda, núm. 43-5ª planta, 36003 Pontevedra, para o coñecemento íntegro da resolución ditada e doutros trámites efectuados neste expediente.

De transcorrer o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase efectuada.

Pontevedra, 8 de xaneiro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de reclamación: IN635A 2013/148-4.

Reclamante: Ramón Romero Villar, en representación de Conforlastic, S.L.

Acto notificado: resolución.