Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2016 Páx. 2098

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato, non suxeito a regulación harmonizada, do servizo de edición do folleto de presentación turística de Galicia, licitado polo procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 16 de xullo de 2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: redacción de textos, deseño e maquetación nas distintas versións por idiomas: galego, castelán, inglés, francés, alemán, portugués, italiano, ruso, xaponés e chinés, reportaxes fotográficas, traducións aos distintos idiomas: galego ou castelán, inglés, francés, alemán, portugués, italiano, ruso, xaponés e chinés.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 120.000 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 23 de decembro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 30 de decembro de 2015.

c) Adxudicataria: Consultarte&Restaurarte, S.L.

d) Importe de adxudicación: 78.000 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia