Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2016 Páx. 1765

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 11 de xaneiro de 2016 pola que se modifica a Orde do 25 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias nos órganos superiores, directivos e periféricos desta consellería.

A Orde do 25 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias nos órganos superiores, directivos e periféricos da Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, regula a delegación de competencias da persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nas persoas titulares da Secretaría Xeral Técnica, das diferentes secretarías xerais, direccións xerais e xefaturas territoriais, no ámbito dos servizos centrais e periféricos correspondentes.

O Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño, e polo Decreto 96/2011, do 5 de maio, establece na súa disposición derradeira primeira que cada consellería, entidade ou organismo sufragará as indemnizacións e demais compensacións que teñan dereito a percibir os servizos que deles dependan, calquera que sexa o órgano ou organismo da Administración da Comunidade Autónoma a que pertenza o persoal que teña que realizalos.

Mediante a Orde do 25 de xaneiro de 2012, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria delega na persoa titular da Secretaría Xeral Técnica a competencia para designar as comisións de servizos con dereito a indemnización previstas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, a excepción das designadas pola persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística e polas persoas titulares das xefaturas territoriais.

Á vista do gran volume de sinatura de designacións de comisións de servizos con dereito a indemnización asumido pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, resulta necesario proceder a adaptar as normas de delegación de competencias previstas na Orde do 25 de xaneiro de 2012, co fin de que as persoas titulares das diferentes secretarías xerais e direccións xerais designen as comisións de servizos respecto do persoal adscrito aos ditos órganos, en prol de acadar unha maior axilidade na actuación administrativa.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confiren os artigos 38, 43.3 e 44 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia; o artigo 6 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; o artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais disposicións de xeral aplicación,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación da Orde do 25 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias nos órganos superiores, directivos e periféricos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

A Orde do 25 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias nos órganos superiores, directivos e periféricos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria queda modificada como segue:

Un. A alínea e) do artigo 1 queda redactada como segue:

«e) Designar as comisións de servizos con dereito a indemnización previstas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, do persoal adscrito a esta secretaría xeral técnica, así como dos altos cargos da consellería».

Dous. A alínea f) do artigo 1 queda redactada como segue:

«f) Autorizar a asistencia do persoal adscrito a esta secretaría xeral técnica a cursos e actividades de formación e perfeccionamento».

Tres. Engádese unha alínea d) ao artigo 2 co seguinte contido:

«d) Designar as comisións de servizos con dereito a indemnización previstas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, do persoal adscrito a esta secretaría xeral, así como autorizar a súa asistencia a cursos e actividades de formación e perfeccionamento».

Catro. A alínea b) do artigo 4 queda redactada como segue:

«b) Designar as comisións de servizos con dereito a indemnización previstas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, do persoal adscrito a esta secretaría xeral, así como autorizar a súa asistencia a cursos e actividades de formación e perfeccionamento».

Quinto. A alínea b) do artigo 5 queda redactada como segue:

«b) Designar as comisións de servizos con dereito a indemnización previstas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, do persoal adscrito a esta dirección xeral, así como autorizar a súa asistencia a cursos e actividades de formación e perfeccionamento».

Sexto. Engádese unha alínea e) ao artigo 6 co seguinte contido:

«e) Designar as comisións de servizos con dereito a indemnización previstas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, do persoal adscrito a esta dirección xeral, así como autorizar a súa asistencia a cursos e actividades de formación e perfeccionamento».

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria