Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2016 Páx. 1887

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (181/2011).

Eu, Pilar García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 181/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Nieto Brañas contra Construcciones Rafra, S.L., Mutua Gallega, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos número 181/2011, promovidos ante este xulgado do social sobre seguridade social, revisión de grao, por instancia de Jesús Nieto Brañas, asistido e representado polo letrado Francisco Iglesias Gandarela, contra Construcciones Rafra, S.L., que comparece asistida polo letrado Manuel Comendador Rey, contra Mutua Galega, que comparece asistida e representada polo letrado Ángel Vilela Pascual, e contra o INSS e a TXSS, que comparecen asistidos polo letrado Ángel González Quintas, ditou a presente sentenza.

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada e, en consecuencia, declaro que o demandante Jesús Nieto Brañas se acha afecto a unha prestación de incapacidade permanente total derivada de enfermidade común e condeno as demandadas a avirse á presente resolución e o INSS ao aboamento da prestación correspondente.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Rafra, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2015

A secretaria xudicial