Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2016 Páx. 1433

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2016 pola que se fai público o cesamento de Ana María López Guizán como secretaria xeral.

O Pleno do Consello Consultivo de Galicia, na sesión que tivo lugar o 13 de xaneiro de 2016, ao abeiro do disposto no artigo 22.2 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, adoptou o seguinte acordo:

O cesamento, por petición propia, de Ana María López Guizán como secretaria xeral do Consello Consultivo de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2016

José Luis Costa Pillado
Presidente do Consello Consultivo de Galicia