En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Sanidade, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catorce de xaneiro de dous mil dezaseis,
DISPOÑO:
Que cese, por pase a outro destino, Ramón Ares Rico, como director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, catorce de xaneiro de dous mil dezaseis
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade