Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2016 Páx. 1562

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se fai pública a formalización do contrato dos servizos loxísticos de transporte e distribución de historias clínicas, transporte do material de esterilización e material de farmacia, reorganización física e control de almacéns de fluidoterapia, custodia e xestión do arquivo do pasivo de historias clínicas e placas radiolóxicas e o seu transporte (expediente AB-EIP1-15-006).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número do expediente: AB-EIP1-15-006.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxeto do contrato:

a) Tipo: administrativo de servizos.

b) Descrición: servizos loxísticos de transporte e distribución de historias clínicas, transporte de material de esterilización e material de farmacia (desde o Hospital Montecelo aos centros da XIPS), reorganización física e control de almacéns de fluidoterapia dos centros asistenciais da XIPS, custodia e xestión do arquivo de pasivo de historias clínicas e placas radiolóxicas e o seu transporte desde o almacén ata os centros da XIPS e viceversa.

c) Lotes: non.

d) CPV (referencia da nomenclatura): 63000000-9.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 27 de agosto de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 275.639,12 €.

5. Orzamento base da licitación:

a) Importe neto: 125.290,51 €.

b) Importe total: 151.601,52 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data da adxudicación: 23 de outubro de 2015.

b) Data da formalización do contrato: 23 de novembro de 2015.

c) Contratista: Cogesa Logística, S.L.

d) Importe da adxudicación:

1º. Importe neto: 106.471,40 €.

2º. Importe total: 128.830,39 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa.

Pontevedra, 10 de decembro de 2015

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés