Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2016 Páx. 1561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 3 de decembro de 2015 polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación de parcela e rampla con destino a nave-taller de carpintaría para reparación de embarcacións e varadoiro no porto de Lorbé (expediente 12-14-12-C-1).

José Manuel Gómez Porto solicita unha concesión administrativa para a ocupación de parcela e rampla con destino a nave taller de carpintaría para reparación de embarcacións e varadoiro no dominio público portuario de Lorbé, de acordo co proxecto técnico redactado polo arquitecto Francisco Javier Vázquez Brage.

O que se fai público para os efectos previstos no artículo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional, 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com .

A Coruña, 3 de decembro de 2015

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia