Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2016 Páx. 1414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Estatística

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2015 pola que se anuncia a licitación da contratación mediante un procedemento documentalmente simplificado, aberto, multicriterio e tramitación ordinaria, do servizo de limpeza nas dependencias do Instituto.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo Técnico-Xurídico e de Contratación

c) Número de expediente: 2015/227.00/02.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: prestación do servizo de limpeza das dependencias do Instituto Galego de Estatística.

b) Prazo de execución: seis meses desde a sinatura do contrato.

3. Admisión de prórroga: si.

4. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 27.000,00 euros; o importe do IVE: 5.670,00 euros.

6. Garantías exixidas. Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Estatística.

b) Enderezo: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23787

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo de presentación: quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro do Instituto Galego de Estatística, de 9.00 a 14.00 horas.

2º. Enderezo: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).

No caso de que as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante un telegrama ou fax (981 54 13 23) no mesmo día.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: acto público.

b) Dirección: sala de xuntas do Instituto Galego de Estatística. Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15703.

d) Data e hora: unha vez rematado o prazo de presentación de proposicións farase pública no perfil do contratante a data e a hora de apertura das ofertas cunha antelación mínima de tres días hábiles.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2015

José Antonio Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística