Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2016 Páx. 1412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2016 pola que se anuncia a declaración de deserta da licitación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipado de gasto, do servizo de soporte de segundo e terceiro nivel e mantemento da plataforma de cifraxe de correos e arquivos da Xunta de Galicia (expediente 2/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 2/2016.

d) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23705

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizos de soporte de segundo e terceiro nivel da plataforma de cifraxe corporativa implantada na Amtega, xunto co servizo de mantemento asociado ao software da dita plataforma.

b) División en lotes: non.

c) Medio de publicación do anuncio:

DOG do 3.12.2015.

d) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 24 meses, que contarán desde o 11.5.2016. Se a data de formalización do contrato é posterior a esta última, o prazo de execución de 24 meses computarase desde a data de formalización do contrato.

e) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 80.000,00 €, máis 16.800,00 € en concepto de IVE (21 %), o que supón un total de 96.800,00 €, que se distribúen nas seguintes anualidades:

• 2016: 25.433,33 € máis IVE (5.341,00 € ) = 30.774,33 €.

• 2017: 40.000,00 € máis IVE (8,400,00 € ) = 48.400,00 €.

• 2018: 14.566,67 € máis IVE (3.059,00 € ) = 17.625,67 €.

5. Formalización do contrato:

a) Estado: deserto.

b) Data da declaración: 23.12.2015.

Santiago de Compostela, 8 de decembro de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia