Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2016 Páx. 1391

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 2 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica resolución ditada en expedientes tramitados por esta xefatura territorial.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e co ditaminado no artigo 176.bis.1 do Código civil (segundo redacción dada pola Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia; BOE número 180, do 29 de xullo), notifícaselle a Ana do Ceu dos Santos (X8598987T) a resolución ditada o 30.9.2015 polo xefe territorial e relativa aos expedientes número 2010/45-3, 2010/46-3 e 2010/47-3 porque, tentada a notificación, non se puido practicar.

Transcorrido o prazo establecido no parágrafo terceiro do artigo 172.2 do Código civil, a persoa interesada non se pode opoñer á resolución ditada nos expedientes citados. Non obstante, poderá facilitar información á entidade pública e ao Ministerio Fiscal sobre calquera cambio nas circunstancias que motivaron a súa asunción.

A persoa notificada ou o seu representante poderán comparecer para coñecemento do contido íntegro do acto e constancia del no Servizo de Familia e Menores da Xefatura Territorial de Ourense (rúa Sáenz Díez, 39, baixo, Ourense) no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 2 de decembro de 2015

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense