Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2016 Páx. 1389

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 21 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2015065TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 25 de novembro de 2015, o conselleiro de Sanidade ditou resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2015065TA-PO, incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra a Ambar, Imán y Xose, S.L., como titular do establecemento Bar El Padrino.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Ambar, Imán y Xose, S.L., como titular do establecemento Bar El Padrino, o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado competente, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias dos servizos centrais, no Servizo Técnico-Xurídico (Secretaría Xeral Técnica), situado no terceiro andar do Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992 do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2015

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2015065TA-PO.

Denunciada: Ambar, Imán y Xose, S.L., como titular do establecemento Bar El Padrino.

Documento de identificación: B94100849.

Último enderezo coñecido: avenida Méndez Núñez, 34, 36940 Cangas, Pontevedra.

Feito imputado: infracción da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (BOE nº 309, do 27 de decembro), modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro (BOE nº 318, do 31 de decembro).

Precepto infrinxido: artigo 7.u).

Tipificación: grave, segundo o artigo 19.3.b).

Sanción imposta: seiscentos un euros (601 €).

Resolución: desestimatoria do recurso.