Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2016 Páx. 1379

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 28 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, polo que se notifican os acordos de iniciación dos procedementos de reintegro das subvencións concedidas ao expediente TR352B 2011/247-0 e dous máis, regulados na Orde do 30 de decembro de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 17 de xaneiro de 2011).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás entidades relacionadas no anexo os acordos de iniciación ditados nos expedientes de reintegro das subvencións concedidas.

Os interesados poderán comparecer nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, 2º andar, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro da resolución e a constancia de tal coñecemento.

A resolución que se notifica esgota a vía administrativa. O interesado poderá interpor contra ela recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, poderá interporse recurso de reposición ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os mencionados prazos para presentar os recursos se contarán a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no arigo 59.4 da citada Lei 30/1992, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2015

José Alfonso Marnotes González
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral

ANEXO

1. Entidade: Federación de Autónomos de Galicia (Feaga).

Enderezo: rúa Alcalde Suárez Ferrín, 15, soto 2, local 1, 15011 A Coruña.

Nº expte.: TR352B 2011/247-0.

Acto que se notifica: acordo de iniciación de expediente de reintegro.

Data do acto: 1 de outubro de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 8.2 da Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (DOG núm. 10, do 17 de xaneiro); artigos 77 e 80.5 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que hai que reintegrar: 24.057,86 €.

2. Entidade: Asociación Provincial de Empresarias de Pontevedra.

Enderezo: avenida García Barbón, 104, 1º, 36201 Vigo.

Nº expte.: TR352B 2011/303-0.

Acto que se notifica: acordo de iniciación de expediente de reintegro.

Data do acto: 2 de outubro de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 8.2 da Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (DOG núm. 10, do 17 de xaneiro); artigos 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que hai que reintegrar: 16.323,72 €.

3. Entidade: Asociación Pedagóxica ICA-Ateneo.

Enderezo: praza de Compostela, 5, 2º, 36201 Vigo (Pontevedra).

Nº expte.: TR352A 2011/696-0.

Acto que se notifica: acordo de iniciación do expediente de reintegro.

Data do acto: 15 de xuño de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 8.2 da Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (DOG núm. 10, do 17 de xaneiro); artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que hai que reintegrar: 2.749,67 €.