Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2016 Páx. 1345

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2016 pola que se lle dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Primeiro. Darlle publicidade á relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia Turismo de Galicia nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2015, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Segundo. Darlle publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre de 2015 pola Axencia Turismo de Galicia, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2016

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO I

Convenio

Importe achegado pola Axencia (€)

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Asociación Española de Estacións Naúticas para a posta en marcha do club de produto de turismo náutico

41.140 €

16.9.2015

Convenio de colaboración entre Turismo de Galicia e The London Institute, S.L. para a realización de prácticas académicas en oficinas de turismo dependentes de Turismo de Galicia

Sen achega económica

25.9.2015

Segunda addenda ao convenio de colaboración que regula a subvención mediante concesión directa da Axencia Turismo de Galicia a Fundación Catedral de Santiago para a execución da obra de rehabilitación da edificación denominada Asilo de Carretas para a creación dun centro de acollida aos peregrinos en Santiago de Compostela, cofinanciado con fondos do programa operativo Feder Galicia 2007/2013 T.P.5.57.1 (80 %)

Sen achega económica

2.10.2015

Convenio de colaboración entre Turismo de Galicia e a Confederación de Empresarios de Lugo para a realización de prácticas académicas en oficinas de turismo dependentes de Turismo de Galicia

Sen achega económica

4.10.2015

Terceira addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e a Deputación Provincial de Lugo para a realización de actividades de valorización dos recursos culturais e turísticos na provincia de Lugo, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007/2013, T.P. 5.57.1

Sen achega económica

9.10.2015

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Arbo para mellorar o acondicionamento do contorno fluvial das pesqueiras

70.000 €

9.12.2015

ANEXO II

Convenio

Importe achegado pola Axencia (€)

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) no desenvolvemento do III Congreso Internacional de Calidade Turística

72.927,35 €

11.8.2015