Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2016 Páx. 1343

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se lle dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte durante o terceiro cuadrimestre do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2016

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO

Data da sinatura

Descrición

Importe total

1.9.2015

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Carral (A Coruña) para a construción de dúas pistas de pádel no lugar de Paleo, parroquia de Paleo, Carral

25.000,00 €

1.9.2015

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Tiro para a utilización e xestión do campo de tiro de Cernadiñas Novas (lugar de Filgueira, Pontevedra)

_

9.9.2015

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Beariz (Ourense) para a construción dunha sala de musculación no polideportivo municipal

50.000,00 €

9.9.2015

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Cospeito (Lugo) para a obra de acondicionamento do polideportivo municipal de Feira do Monte, Cospeito

7.000,00 €

11.9.2015

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Castro de Rei (Lugo) para a rexeneración do céspede natural do campo de fútbol de Castro de Ribeiras de Lea

19.995,89 €

17.9.2015

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Marín para acometer as obras de reforma dos vestiarios do pavillón deportivo de Sequelo

48.976,76 €

21.9.2015

Addenda ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello da Peroxa (Ourense) para a realización das obras da cuberta das bancadas do campo de fútbol do Marco

41.850,00 €

21.9.2015

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Vilarmaior para levar a cabo as obras de cubrición das gradas norte e mellorar o aparcadoiro do campo de fútbol de Armada

29.991,69 €

25.9.2015

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello da Gudiña para acometer as obras de acondicionamento da instalación e pavimento do pavillón de deportes

34.815,26 €

28.9.2015

Addenda ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Vedra (A Coruña) para a realización das obras de reparación da cuberta e instalación de ventilación no pavillón municipal

50.000,00 €