Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2016 Páx. 1402

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2016 pola que se fai pública a corrección de erros do proxecto de construción que rexe na licitación non suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto multicriterio, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, da obra de reparación da ponte sobre o río Miño-Ponte do Milenio, Ourense, convenio Axencia Galega de Infraestruturas-Concello de Ourense do 17 de decembro de 2015 (clave OU/15/065.02, expediente E/039/2015).

Con data do 28 de decembro de 2015, publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 82 a resolución pola cal se anunciaba a licitación non suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto multicriterio, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, da obra de reparación da ponte sobre o río Miño-Ponte do Milenio, Ourense. Convenio Axencia Galega de Infraestruturas-Concello de Ourense do 17.12.2015, de clave OU/15/065.02. E/039/2015.

Advertidos erros no proxecto de construción que se achega na documentación da licitación, procédese a substituír na plataforma de contratación este proxecto por un novo documento técnico que emenda as deficiencias detectadas.

Esta corrección afecta o prazo de admisión das proposicións, que rematará o vixésimo sexto día natural, que non coincida en domingo ou festivo, seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas