1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.
c) Número de expediente: 15/2016.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: servizo para o desenvolvemento de novas funcionalidades en sistemas de información no ámbito da educación da Xunta de Galicia, en particular os relacionados cos fondos e subvencións para libros de alumnos da educación infantil, primaria e secundaria e outros sistemas da Subdirección Xeral de Centros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) División por lotes e número: non.
c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 24 meses contados a partir do 1.5.2016. Se a data de formalización do contrato fose posterior a esta última, o prazo de execución de 24 meses computarase desde a data de formalización do contrato.
d) Admisión de prórroga: si.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto, harmonizado.
4. Orzamento de licitación.
O orzamento máximo autorizado é de 107.438,00 € , máis 22.561,98 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 129.999,98 € (cento vinte e nove mil novecentos noventa e nove mil euros con noventa e oito céntimos), que se distribúen nas seguintes anualidades:
2016: 35.812,67 € + IVE (7.520,66 € ) = 43.333,33 €.
2017: 53.719,00 € + IVE (11.280,99 € ) = 64.999,99 €.
2018: 17.906,33 € + IVE (3.760,33 € ) = 21.666,66 €.
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención da documentación e da información.
a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 54 52 86.
e) Fax: 981 54 52 74.
f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23773
g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia e clasificación: véxase a alínea N) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 17.2.2016, de acordo o establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Entidade: Rexistro da Amtega.
2º. Enderezo: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das ofertas.
O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.
10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na alínea K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
12. Data de envío ao DOUE: 8.1.2016.
Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2016
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia