Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2016 Páx. 1301

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 29 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se inicia o expediente de caducidade da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Fontefría número 201, da provincia de Lugo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase á interesada que se sinala no anexo deste anuncio a iniciación do expediente de caducidade da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Fontefría nº 201, xa que, intentada a notificación polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE) polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

Así mesmo, infórmase a interesada de que o expediente se atopa á súa disposición nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo (rolda da Muralla, 70, soto 2, Servizo de Enerxía e Minas), xa que, segundo o artigo 78 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, poderán achegar no prazo de dez días cantas alegacións, documentos ou informacións coide pertinentes.

Lugo, 29 de decembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: Fontefría nº 201.

Interesada: Albazar, S.L.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Último domicilio coñecido: Canteira Fontefría, Gaibor, s/n, 27375 Begonte, Lugo.