Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2016 Páx. 1247

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento IN220A).

Advertido un erro na publicación da versión en galego da citada orde no Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro de 2015, cómpre realizar a oportuna corrección:

Na páxina 51502, no artigo 1.3, onde di: «3. Considéranse actuacións subvencionables, as relacionadas a continuación, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 5 de outubro de 2016», debe dicir: «3. Considéranse actuacións subvencionables as relacionadas a continuación, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 15 de outubro de 2016».