Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2016 Páx. 1331

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María Luisa Nespereira Domínguez.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense tramítase o recurso 481/2015-B (procedemento abreviado), interposto por María Luisa Nespereira Domínguez fronte á Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se desestima o recurso de reposición interposto o 1 de abril de 2015 fronte á Resolución do 25 de marzo de 2015 (DOG núm. 61, de 31 de marzo) da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias (categoría: técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría), e se inadmite o recurso de reposición interposto o 10 de setembro de 2015 en que reitera as alegacións e pretensións formuladas no primeiro recurso.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos