De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, despois de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59 sen que esta se puidese practicar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial do Instituto Galego de Consumo de Pontevedra.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante o Servizo de Consumo de Pontevedra, con enderezo no Paseo de Cervantes, número 7, piso 1º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Vigo, 30 de decembro de 2015
Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra
ANEXO
Expediente: 36R001-264-2015.
Interesado: Juan Ureña Gay (Eurotour Promociones y Publicidad, S.L.).
CIF/NIF: 50276464M.
Acto notificado: resolución de expediente sancionador.