Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2016 Páx. 1191

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Estatística

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2015 pola que se anuncia a licitación da contratación, mediante un procedemento aberto, multicriterio e harmonizado, do servizo consistente na realización dos traballos de campo nas enquisas a fogares deste instituto.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo Técnico-Xurídico e de Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Instituto Galego de Estatística.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15703.

4º. Teléfono: 981 54 13 99.

5º. Fax: 981 54 13 23.

6º. Correo electrónico: mmartinez@ige.eu

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante onde se poden obter os pregos relativos a esta contratación: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23742

8º. Data límite de obtención de documentación e información: será a mesma que para a presentación de proposicións.

d) Expediente: 2015/640.1/25201-25101/01.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: realización dos traballos de campo nas enquisas a fogares do IGE.

c) Prazo de execución: dous anos desde a sinatura do contrato.

d) Admisión de prórroga: si, por un período máximo de dous anos por mutuo acordo das partes.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e regulación harmonizada.

c) Criterios de valoración e adxudicación: oferta non avaliable mediante fórmulas matemáticas (50 %) e oferta económica (50 %).

4. Valor estimado do contrato: 2.074.008,26 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.037.004,13 euros. Importe total: 1.254.775,00 euros.

b) Anualidades (IVE incluído):

2016: 596.018,12 euros.

2017: 627.387,50 euros.

2018: 31.369,38 euros.

6. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE.

7. Clasificación e solvencia:

Non se exixe clasificación.

Os medios de acreditación da solvencia están reflectidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ata as catorce (14.00) horas do 25 de xaneiro de 2016.

b) Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Modalidade de presentación: en sobres pechados. No caso de que as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante un telegrama ou fax (981 54 13 23) no mesmo día.

d) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro do Instituto Galego de Estatística, das 9.00 ás 14.00 horas.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15703.

4º. Dirección electrónica: mmartinez@ige.eu

e) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses que contarán desde a apertura das proposicións, en virtude do disposto nos números 2 e 4 do artigo 161 do RDL 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura das ofertas: acto público:

a) Descrición: acto público.

b) Dirección: sala de xuntas do Instituto Galego de Estatística. Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15703.

d) Enderezo electrónico: mmartinez@ige.eu

e) Data e hora: unha vez rematado o prazo de presentación de proposicións, faranse públicas no perfil do contratante a data e a hora de apertura das ofertas cunha antelación mínima de tres (3) días hábiles.

10. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 16 de decembro de 2015.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2015

José Antonio Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística