Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2016 Páx. 573

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2015 pola que se publica a modificación no plan de estudos da titulación de grao en Enxeñaría Informática.

O plan de estudos da titulación de grao en Enxeñaría Informática pola Universidade de Vigo foi publicado no Boletín Oficial del Estado do 1 de novembro de 2010, unha vez establecido o carácter oficial do título por acordo do Consello de Ministros do 30 de outubro de 2009, publicado mediante Resolución do 13 de novembro de 2009, da Secretaría Xeral de Universidades (BOE do 5 de xaneiro de 2010).

De conformidade co que dispón o artigo 28 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, polo que se establece o procedemento para a modificación de plans de estudo xa verificados, e tras obter o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia á solicitude da Universidade de Vigo de modificación do plan de estudos da titulación de grao en Enxeñaría Informática, esta reitoría

RESOLVE:

Publicar a modificación do plan de estudos conducente á obtención do título universitario oficial de graduado ou graduada en Enxeñaría Informática pola Universidade de Vigo que se recolle no anexo desta resolución.

Vigo, 15 de decembro de 2015

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Resolución do 15 de decembro de 2015 pola que se publica a modificación
do plan de estudos de grao en Enxeñaría Informática

Denominación do título: graduado ou graduada en Enxeñaría Informática pola Universidade de Vigo.

Código da titulación: O06G150 (Escola Superior de Enxeñaría Informática. Campus de Ourense).

De conformidade coa modificación do plan de estudos da titulación de grao en Enxeñaría Informática pola Universidade de Vigo, esta reitoría, procede á modificación da publicación no sentido seguinte:

1. Na organización temporal do plan de estudos, no curso 3, semestre 1, a partir do curso 2015/16, engádese a materia obrigatoria de lóxica para a computación (6 ECTS) e extínguese a materia obrigatoria de linguaxes de programación, da cal só se poderá matricular o alumnado que xa se matriculou dela en cursos anteriores.

2. Na organización temporal do plan de estudos, no curso 3, semestre 2, a partir do curso 2015/16, engádese a materia obrigatoria de teoría de autómatas e linguaxes formais (6 ECTS) e extínguese a materia obrigatoria de procesadores de linguaxe, da cal só se poderá matricular o alumnado que xa se matriculou dela en cursos anteriores.

3. Na organización temporal do plan de estudos modifícase a elección de optativas, que queda redactada do seguinte modo:

Sen mención: deben cursar 5 materias optativas (30 ECTS) de entre toda a oferta.

Con mención: deben cursar 4 materias optativas (24 ECTS) da mención elixida. Nestes 24 ECTS non se contabilizan as prácticas en empresa, se as realizase, nin os recoñecementos por actividades culturais, universitarias, deportivas, de representación estudantil, solidarias, de cooperación e por formación en idiomas.

4. Na organización temporal do plan de estudos substitúese «itinerario» por «mención». Por tanto, modifícase o nome de «Itinerario: enxeñaría de software» por «Mención: enxeñaría de software» e «Itinerario: tecnoloxías da información» por «Mención: tecnoloxías da información».

5. Na páxina 91926 do Boletín Oficial del Estado número 264, do 1 de novembro de 2010, modifícase a organización da oferta de créditos ECTS do plan de estudos por módulos e materias, onde di:

«Módulo

ECTS

Materias

ECTS

Distribución

Proxectos

(Inclúe prácticas en empresas)

(Inclúe TFG)

42

(6 ou 12)

(12)

24 obrigatorios + 18 optativos»

Debe dicir:

«Módulo

ECTS

Materias

ECTS

Distribución

Proxectos

12

12 obrigatorios

Prácticas en empresas

6 ou 12

18 optativos

Traballo de fin de grao

12

12 obrigatorios»

A temporalidade das materias poderá, por circunstancias excepcionais, sufrir modificacións, sempre que o autorice a Vicerreitoría con competencias en organización académica e con anterioridade ao inicio do curso académico.