Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2016 Páx. 451

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 11 de decembro de 2015 pola que se notifica a resolución do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 4 de agosto de 2014, ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/29/2013, devolta polo órgano notificador por resultaren as súas destinatarias ausentes na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 6 de novembro de 2015, resolución pola que se desestima o recurso de reposición interposto por Josefa Puente Puente contra a Resolución do 4 de agosto de 2014, ditada polo subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en substitución da directora (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo), en relación coas obras executadas en solo rústico, consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar, no lugar de Chousa da Casa, Castro de Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a Mª Rosalía Puente Tosar e Josefa Puente Puente, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase ás interesadas a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ás interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, as interesadas poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación ás citadas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística