Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2016 Páx. 422

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 15 de decembro de 2015, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-02788-O-2015 e dous máis).

A persoa titular da Xefatura Territorial da Coruña ditou a resolución dos expedientes sancionadores número XC-02788-O-2015 e outros dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

A Coruña, 15 de decembro de 2015

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-02788-O-2015

9134-HST

Garda Civil 1504 I54077K

Espinar Menchen, S.L.

B13476551

r/ Alfonso X El Sabio, 81

13230 Manzanares (Ciudad Real)

Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas.

7.5.2015; 17.21; AP-9; 79,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-02803-O-2015

9282-HGM

Garda Civil 1503 T67277V

Darwin Roberto Tabango Checa

X5864404W

Estrada Catabois, 208, 3º D

15405 Ferrol (A Coruña)

Realizar transporte público de mercadorías con vehículo conducido por condutor dun país terceiro (non da UE), sen levar a bordo o correspondente certificado.

27.5.2015; 9.17; AP-9F; 25,2

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

XC-02865-O-2015

7686-HRZ

Garda Civil 1500 C35644I

Gestión Logística Coruña, S.L.

Avenida M. Platas Varela, 93, 1º, of. 2 (Vilarrodís)

15141 Arteixo (A Coruña)

Diminución do descanso diario normal (sobre 11 horas). Igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas.

24.5.2015; 16.49; N-634; 709,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros