A Dirección de Augas de Galicia, como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias, ditada pola Presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:
1. Entidade adxudicadora:
Organismo: Augas de Galicia.
Dependencia que tramita o expediente: Contratación.
Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación do sector público (https://contrataciondelestado.es), por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augas.cmati.xunta.es/.
Tipo de contrato: administrativo de servizo.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto cun criterio de adxudicación (prezo) e non suxeito a regulación harmonizada.
Valor estimado do contrato: 131.092,80 €. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.
Vantaxe da oferta da adxudicataria: a proposición economicamente máis vantaxosa por ser a de prezo máis baixo con base na aplicación do único criterio de valoración (prezo).
2. Obxecto do contrato: servizo.
Descrición: limpeza das dependencias de Augas de Galicia en Santiago de Compostela (A Coruña).
Número de expediente: OH.915.1102.
CPV (referencia de nomenclatura): 90919200-4.
Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 117, do 23 de xuño de 2015.
Orzamento base de licitación: importe neto: 87.395,20 euros. Importe total: 105.748,19 euros.
Data de adxudicación: 18 de novembro de 2015.
Importe de adxudicación: importe neto: 66.372,19 euros. Importe total: 80.310,35 euros.
Data de formalización do contrato: 27 de novembro de 2015.
Contratista: Limpiezas, Ajardinamientos y Servicios Seralia, S.A.
3. Outras informacións:
A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2015
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia