De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-RI-0558/2015-PPM e dez máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).
Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.
De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.
A Coruña, 17 de decembro de 2015
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: PSC-RI-0558/2015-PPM.
Persoa interesada: Raquel Sequeda Durán.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: estrada xeral, 9, Escarabote, Boiro.
Expediente: PSC-RI-0561/2015-PPM.
Persoa interesada: Antonio José Suárez Alonso.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Agramuíño, 124, Escarabote, Boiro.
Expediente: PSC-RI-0567/2015-PPM.
Persoa interesada: Mª Dolores Maneiro Sánchez.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: avenida Santa Irene, 12, baixo, Porto do Son.
Expediente: PSC-RI-0575/2015-PPM.
Persoa interesada: José Manuel Pouso García.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Clara Campoamor, 2, 3º B, Ribeira.
Expediente: PSC-RI-0589/2015-PPM.
Persoa interesada: Daniel Silva Pérez.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Costadal, 53, Escarabote, Boiro.
Expediente: PSC-RI-0600/2015-PPM.
Persoa interesada: Mª Mar Briones Muñiz.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Principal, 178, portal B, baixo C, Escarabote, Boiro.
Expediente: PSC-RI-0607/2015-PPM.
Persoa interesada: Arancha Suárez Titos.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: r/ Pablo Iglesias, 16, 4º B, Boiro.
Expediente: PSC-RI-0625/2015-PPM.
Persoa interesada: Mª Manuela Vidal Sánchez.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: r/ da Igrexa, 64, Abanqueiro, Boiro.
Expediente: PSC-RI-0627/2015-PPM.
Persoa interesada: Alfonso José Varela Somoza.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Escarabote, 61, Boiro.
Expediente: PSC-RI-0631/2015-PPM.
Persoa interesada: Joaquín José Fernández Santos.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: r/ Entrerríos, 6, 4º F, Noia.
Expediente: PSC-RI-0679/2015-PPM.
Persoa interesada: Joaquín Vicente Pérez Hermo.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Vilariño de Arriba, 14, Xobre, A Pobra do Caramiñal.