Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2016 Páx. 182

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos

EDICTO (438/2014).

Rosana Corral García, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario 438/2014, seguido por instancia de Makro Autoservicio Mayorista, S.A. fronte a Javier Álvarez Pombo, ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza:

Betanzos, 22 de xuño de 2015.

Vistos por Sonia Rey Salgueiro, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Betanzos, os presentes autos de xuízo ordinario 438/2014 seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandante Makro Autoservicio Mayorista, S.A., con procuradora Sra. Amor Vilariño, e doutra, como demandado Javier Álvarez Pombo, en rebeldía, sobre reclamación de cantidade, dítase a presente sentenza:

Decido que, estimando como estimo a demanda interposta por Makro Autoservicio Mayorista, S.A., con procuradora Sra. Amor Vilariño, fronte a Javier Álvarez Pombo, en rebeldía, debo condenar e condeno o demandado a aboar á demandante a cantidade de seis mil dezasete euros con tres céntimos (6.017.03 euros) máis os xuros de demora do artigo 7 da Lei 3/2004, desde a data de vencemento ata o completo pagamento, con expresa imposición ao demandado das custas procesuais causadas.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da notificación».

E encontrándose o devandito demandado, Javier Álvarez Pombo, en paradoiro descoñecido, expídese ese edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Betanzos, 23 de xuño de 2015

A secretaria xudicial