Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2016 Páx. 178

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (4686/2008).

Procedemento ordinario 4686/2008-E

Recorrente: Asociación de Veciños San Vicenzo de Rábade

Procurador: José María Moreda Allegue

Admón. demandada: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes. Letrado da Xunta de Galicia

Codemandado: Concello de Rábade

Procuradora: María Jesús Gandoy Fernández

No procedemento ordinario tramitado nesta sección co número 4686/2008 acordouse expedir o presente edicto, co fin de que se publique no Diario Oficial de Galicia a parte dispositiva da sentenza ditada polo Tribunal Supremo o 15 de xullo de 2015, así como a parte dispositiva do auto ditado polo Tribunal Supremo o 1 de setembro de 2015, aclaratorio da anterior, e que se remita a esta sección fotocopia da folla en que se publiquen con indicación da data, para a súa unión ao recurso de referencia.

«Decidimos que debemos declarar e declaramos o seguinte:

1. Que procede recurso de casación interposto pola procuradora Beatriz González Rivero, en representación da Asociación de Veciños San Vicenzo de Rábade, contra a sentenza do 4 de xullo de 2015, ditada pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso número 4686/2008, sentenza que casamos e anulamos.

2. Que, estimando o recurso contencioso-administrativo número 4686/2008, debemos declarar e declaramos a nulidade de pleno dereito da Orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes do 23 de xullo de 2008, publicada no diario oficial correspondente o 1 de setembro de 2008, que aproba o Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Rábade (Lugo), así como tamén a do mencionado plan xeral.

3. Ordenamos a publicación da resolución, para os efectos do establecido no artigo 72.2 da LXCA.

4. Non formulamos declaración expresa sobre condena ao pagamento das custas procesuais causadas nesta instancia, nin tampouco neste recurso de casación.

Así, por esta nosa sentenza, que deberá ser inserida polo Consello Xeral do Poder Xudicial na publicación oficial de xurisprudencia deste Tribunal Supremo, definitivamente xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo, débese facer saber ás partes, ao notificárllela, que contra ela non cabe recurso ordinario ningún».

«Auto:

Fundamento de dereito.

Único.

Conforme o previsto no artigo 267.2 da Lei orgánica do poder xudicial, que permite rectificar en calquera momento os erros materiais das resolucións xudiciais, procede rectificar o erro material padecido no encabezamento e na parte dispositiva da sentenza do 15 de xullo de 2015, onde figura como data da sentenza impugnada en casación a do 4 de xullo de 2015, que debe ser substituída pola do 4 de xullo de 2013.

A sala acorda: rectifícase o erro material padecido no encabezamento e parte dispositiva da sentenza do 15 de xullo de 2015 nos termos expresados no fundamento de dereito único da presente resolución».

A Coruña, 19 de novembro de 2015

Inmaculada Pérez Arrojo
Letrada da Administración de xustiza