Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2016 Páx. 198

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 25 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes LU-PES 066/2015 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación son a proposta de resolución no expediente LU-PES 066/2015, que foi acordado polo instrutor do procedemento, e a iniciación nos expedientes LU-PES 095/2015 e LU-PES 110/2015, que foi acordado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A sede da xefatura territorial é na rolda da Muralla, nº 70, 2º (Lugo).

O prazo para realizar a comparecencia será de dez días. O dito prazo comezará a contarse a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta notificación no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo de dez días desde a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao daquela publicación.

Lugo, 25 de novembro de 2015

P.S. (Resolución 19.11.2015)
Iván Pedrosa Castillo
Xefe do Servizo de Calidade Ambiental de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-PES 066/2015.

Interesado: Raja Roua.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: LU-PES 095/2015.

Interesado: Rodrigo de la Peña Domínguez.

Acto notificado: iniciación.

Expediente: LU-PES 110/2015.

Interesado: Constantin Boghici.

Acto notificado: iniciación.