Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2016 Páx. 251

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 19 de novembro de 2015, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se lle dá audiencia ao interesado no procedemento de cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle e outórgaselle audiencia ao titular do establecemento que no anexo se menciona no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Mediante visita de inspección comprobouse que no establecemento que se relaciona no anexo non se realiza nin exerce actividade turística.

Considerando que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar o expediente de baixa de oficio do establecemento relacionado no anexo.

O que se lle notifica ao titular do establecemento referido para que no prazo de 15 días poida efectuar as alegacións que considere pertinentes; poderá examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel na Área Provincial de Lugo da Axencia Turismo de Galicia.

Lugo, 19 de novembro de 2015

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Establecemento: Jorge I.

Signatura: H-LU-000502.

Titular: Hotel Jorge I, S.L.

Enderezo: estrada de Vegadeo, km 3. CP: 27192.

Concello: Lugo.