Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2016 Páx. 241

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2015 pola que se anuncia a licitación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto de tramitación ordinaria e anticipado de gasto, do servizo de aloxamento externo (hosting) da infraestrutura da Plataforma Tecnolóxica da Pesca (PTP) que presta servizo no ámbito do mar da Xunta de Galicia (expediente 11/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 11/2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é a prestación do servizo relativo ao aloxamento e mantemento dos servidores da Plataforma Tecnolóxica da Pesca para o mantemento das infraestruturas de comunicacións asociadas, así como dos servizos de soporte asociados necesarios para a súa explotación, e o aloxamento e explotación da infraestrutura física da plataforma.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 12 meses, que se contarán desde o 1.6.2016. Se a data de formalización do contrato for posterior a esta última, o prazo de execución de 12 meses computarase desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 39.996,00 €, máis 8.399,16 € en concepto de IVE (21 %), o que supón un total de 48.395,16 €, que se distribúen nas seguintes anualidades:

• 2016: 23.331,00 € + IVE (4.899,51 €) = 28.230,51 €.

• 2017: 16.665,00 € + IVE (3.499,65 €) = 20.164,65 €.

5. Garantía provisoria: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23889

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día que resulte de contar quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo for festivo ou inhábil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: rexistro da Amtega.

2º. Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia