Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 4 de xaneiro de 2016 Páx. 109

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, pola que se notifica o trámite de audiencia como consecuencia dun recurso de alzada interposto contra o acordo de concentración parcelaria de Duxame-Insua-Portodemouros (Vila de Cruces).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se poida practicar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditado á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemeno Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2015

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural