Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 4 de xaneiro de 2016 Páx. 107

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se emprazan os interesados no expediente de subvención para o fomento da forestación de terras non agrícolas 11150180/2008 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase as persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinala no anexo, os acordos de inicio dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento das axudas relativas aos expedientes de subvención números 11150180/2008 e 11270360/2008 (Orde do 28 de xaneiro de 2008, pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas).

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, situada na rúa de San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte á data de finalización deste.

Concédese aos interesados un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte á notificación do acordo de inicio, para que poidan formular alegacións e presentar a documentación que coiden conveniente aos seus dereitos ante a Consellería do Medio Rural.

O presente anuncio expídese para que conste e sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que se fai constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2015

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2015 no expediente de subvención núm. 11150180/2008.

Interesado: Gustavo Sánchez Rubal.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: rúa río Eume, 28, 15173 Oleiros (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2015 no expediente de subvención núm. 11270360/2008.

Interesado: Marco Antonio Candal Quiroga.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: rúa Montero Ríos, 66, 6º F, Lugo.