Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 4 de xaneiro de 2016 Páx. 38

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 30 de novembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Conecta Peme para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, a través do apoio a proxectos de investigación e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN852A).

Advertidos erros na Resolución do 30 de novembro de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia número 243, do 22 de decembro, cómpre facer as seguintes correccións:

– Na páxina 47711, no artigo 4.1, onde di:

«1. Os proxectos estarán en consonancia cos retos contidos na RIS3 Galicia de acordo coa definición destes que se realiza no artigo 2 desta resolución e coas súas liñas prioritarias que se detallan no anexo V».

Debe dicir:

«1. Os proxectos estarán en consonancia cos retos contidos na RIS3 Galicia de acordo coa definición destes que se realiza no artigo 2 desta resolución e coas súas liñas prioritarias que se detallan no anexo VI».

– Na páxina 47720, onde di:

«Artigo 12. Custos de material funxible»

Debe dicir:

«Artigo 12. Materiais, subministracións e produtos similares»

– Na páxina 47725, no artigo 21.1.c) onde di:

«c) No enderezo electrónico gain@xunta.es»

Debe dicir:

«c) No enderezo electrónico axudas.gain@xunta.es»

– Na páxina 47732, no artigo 30.3.c), onde di:

«c) Colaboración con universidades, organismos de investigación, centros hospitalarios, centros tecnolóxicos e organismos científicos con recoñecemento internacional (máximo 15 puntos). Os proxectos en que todos os partícipes subcontraten con estes organismos parte da actividade de investigación valoraranse, como mínimo, con 5 puntos».

Debe dicir:

«c) Colaboración con universidades, organismos de investigación, centros hospitalarios e centros tecnolóxicos radicados en Galicia ou con organismos científicos con recoñecemento internacional (máximo 15 puntos). Os proxectos en que todos os partícipes subcontraten con estes organismos parte da actividade de investigación valoraranse, como mínimo, con 5 puntos».

– Na páxina 47740, no artigo 35.2, onde di:

«2. Ademais de estas obrigas, o líder ten as de transferir a cada entidade beneficiaria os fondos que lle correspondan segundo a repartición establecida pola Axencia Galega de Innovación e achegarlle a esta os xustificantes das transferencias bancarias realizadas nos prazos sinalados no artigo 37 desta resolución».

Debe dicir:

«2. Ademais destas obrigas, o líder ten as de transferir a cada entidade beneficiaria os fondos que lle correspondan segundo a repartición establecida pola Axencia Galega de Innovación e achegarlle a esta os xustificantes das transferencias bancarias realizadas nos prazos sinalados no artigo 39.2 desta resolución».

– Na páxina 47741, no artigo 37.a), onde di:

«a) Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade e tamén aquelas, solicitadas ou concedidas, para os mesmos custos aínda que a finalidade fose diferente, de todas as administracións públicas, utilizando o formulario publicado na páxina web e, de ser o caso, deberá achegarse unha copia simple da resolución de concesión desoutras axudas, segundo o modelo do anexo VII».

Debe dicir:

«a) Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade e tamén aquelas, solicitadas ou concedidas, para os mesmos custos aínda que a finalidade for diferente, de todas as administracións públicas, utilizando o formulario publicado na páxina web e, de ser o caso, deberá achegarse unha copia simple da resolución de concesión desoutras axudas, segundo o modelo do anexo III».

– Na páxina 47744, no artigo 37.l) 1., onde di:

«1. Orixinal ou copia compulsada da factura emitida pola entidade subcontratada ao beneficiario en que se especifique claramente o título do proxecto financiado. No caso de que sexan varias as facturas, todas elas deberán estar desagregadas e especificar o título do proxecto financiado».

Debe dicir:

«1. Orixinal ou copia compulsada da factura emitida pola entidade subcontratada ao beneficiario en que se especifique claramente o título do proxecto financiado. No caso de que sexan varias as facturas, todas elas deberán especificar o título do proxecto financiado».

– Na páxina 47747, no artigo 42.3.c), onde di:

«c) Se o custo xustificado finalmente na partida de subcontratación é inferior á contía concedida nesta partida reducirase a intensidade da axuda aplicando o mesmo factor de corrección: Fc=1-X2/2500, onde X é a porcentaxe deixada de xustificar sobre o custo que lle foi concedido nesta partida».

Debe dicir:

«c) Se o custo xustificado finalmente na partida de subcontratación cos organismos sinalados no artigo 30.3.c) é inferior á contía concedida nesta partida reducirase a intensidade da axuda aplicando o mesmo factor de corrección: Fc=1-X2/2500, onde X é a porcentaxe deixada de xustificar sobre o custo que lle foi concedido nesta partida».

– Na páxina 47748, no artigo 42.3.e), onde di:

«e) Se se incumpre a obriga de dar publicidade ao financiamento do proxecto consonte o establecido no artigo 32.f) e h) desta resolución, ou a obriga de comunicar a obtención doutras axudas para o mesmo proxecto, aplicarase un factor de corrección do 0,05».

Debe dicir:

«e) Se se incumpre a obriga de dar publicidade ao financiamento do proxecto consonte o establecido no artigo 35.1.h), i) e l) desta resolución, ou a obriga de comunicar a obtención doutras axudas para o mesmo proxecto, aplicarase un factor de corrección do 0,95».