Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 30 de decembro de 2015 Páx. 52753

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2015 pola que se acorda conceder un novo prazo de presentación de ofertas para concorrer á licitación do expediente 2/2016, para a contratación, por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria e anticipada de gasto, documentalmente simplificada, do servizo de limpeza de diversas dependencias da xefatura territorial da Consellería do Medio Rural en Pontevedra.

Antecedentes:

Primeiro. Con data do 24 de novembro de 2015 publicouse no DOG a Resolución do 18 de novembro de 2015 pola que se anunciaba a licitación correspondente ao expediente antedito. Segundo se indicaba no citado anuncio, o prazo máximo para presentar as solicitudes é de 15 días naturais a partir da data de publicación do anuncio da licitación no DOG, de tal xeito que o prazo remataba o día 9 de decembro.

Segundo. Finalizado o prazo establecido, a persoa encargada do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia certifica que non se presentou ningunha oferta.

Terceiro. No prego de prescricións técnicas (PPT) da contratación indícase que aquelas empresas que participen neste procedemento e desexen visitar os edificios obxecto deste prego poderán facelo remitindo previamente unha solicitude anexada por enderezo electrónico, co obxecto de establecer a data da visita.

Presentaronse dúas solicitudes de visita, dentro do prazo previsto, por parte das empresas seguintes: OHL Servicios-Ingesa e ISS Direct.

Consultados os motivos de non ter presentado oferta, nos dous casos os responsables indican que a resposta á solicitude de visita foi tardía e non dispoñían de tempo abondo para preparar as súas ofertas.

Pola súa parte, o contratista actual declarou non ter presentado oferta por descoñecemento da publicación desa licitación.

Por todo o exposto anteriormente, para os efectos de garantir a eficiencia no procedemento, que doutro xeito quedaría deserto, este órgano de contratación acorda ditar a seguinte resolución:

Primeiro. Concédese un novo prazo de presentación de ofertas, por un período de quince días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Segundo. As condicións da licitación son as que aparecen reflectidas no perfil do contratante e no anuncio respectivo publicado no DOG núm. 224, do 24 de novembro de 2015.

Terceiro. Esta resolución farase pública no perfil de contratante e no DOG.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán os interesados interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG. Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que a ditou e, neste caso, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2015

P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural