Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 30 de decembro de 2015 Páx. 52752

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 17 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, polo que se lle notifica ao interesado a incoación do procedemento SXRH-PD-26/15 e, ademais, a citación para a comparecencia ante a instrutora.

Mediante este anuncio, ante a imposibilidade da notificación no domicilio do interesado, procédese á notificación do acordo de incoación do procedemento disciplinario e á citación para comparecencia ante a instrutora, de conformidade co disposto nos artigos 59.5, 60.2 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Por Acordo do 19 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica, incoouse o procedemento disciplinario SXRH-PD-26/15, no cal o funcionario desta consellería José Antonio Barros Sueiro (DNI 35282707V) ten a condición de interesado.

Asemade, convócase a José Antonio Barros Sueiro para que compareza o martes, 12 de xaneiro de 2016, nas dependencias desta consellería, sitas na praza da Estrela, número 9, 4º andar, da cidade de Vigo, co obxecto de prestar declaración ante a instrutora do procedemento. Se non comparece na data indicada, continuarase o procedemento cos actos que resulten procedentes en dereito.

O interesado ou o seu representante poderá solicitar una copia do acordo de incoación na comparecencia ante a instrutora ou comparecer de luns a venres (agás festivos), das 9.00 ás 14.00 horas, no Servizo de Réxime Xurídico e Recursos, na sede da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo de San Caetano s/n, na cidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2015

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria