Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 49710

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 15 de decembro de 2015 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario número 323/2015 no expediente de reposición da legalidade número 107B 2004/66-0, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo, en relación co procedemento ordinario número 323/2015, interposto por David López Núñez e Dolores María López Núñez, contra a Resolución do 22 de outubro de 2015 ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente 107B 2004/66-0, na que se comunica a data de demolición da vivenda unifamiliar, sita en Ombreiro, estrada Camoira-Aez, concello de Lugo, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo.

Ao non poder realizarse a notificación persoal dos emprazamentos, mediante a presente cédula, que ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, se empraza a Raquel Núñez Roibás para que poida comparecer como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística