Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 49675

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 15 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se lle notifica ao titular dun predio afectado a resolución pola que se someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, do proxecto da instalación eléctrica liña de media tensión derivada Macedo, no concello de Palas de Rei (expediente IN334 A-2014/4-2).

Ante a imposibilidade de notificación ao titular do predio número 30 (polígono 65-parcela 632) por resultar descoñecido, mediante esta cédula practícaselle a preceptiva notificación da Resolución do 10 de novembro de 2015, desta xefatura territorial, pola que se someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica liña de media tensión derivada Macedo, promovida pola empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. (expediente IN334 A-2014/4-2).

Comunícaselle que a dita resolución se publicou no Diario Oficial de Galicia do 1 de decembro de 2015, que no seu anexo se insire a relación de predios afectados, entre os cales figura o predio número 30 coas súas afeccións, que o proxecto da instalación eléctrica se poderá examinar nesta xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, nº 70, andar baixo 2, Lugo) e que poderá presentar as alegacións que considere oportunas no prazo de vinte (20) días a partir do seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao titular descoñecido do citado predio, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 15 de decembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo