Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 29 de decembro de 2015 Páx. 49668

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 16 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai público o outorgamento da concesión de explotación denominada Canpesa, número 6057, en Baralla.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo fai saber que, mediante resolución do director xeral de Industria, Enerxía e Minas, do 1 de abril de 2014, se outorgou a Canteira do Penedo, S.A. a concesión de explotación que a seguir se describe:

Nome: Canpesa.

Número de expediente: 6057.

Recurso: agregados calcarios.

Termo municipal: Baralla.

Superficie: seis (6) cuadrículas mineiras.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

Lugo, 16 de setembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo