O Decreto 142/2015, do 17 de setembro, polo que se crea a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os seus estatutos (DOG nº 197, do 15 de outubro), establece na disposición adicional primeira, ordinal primeiro, que a constitución da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos se producirá coa realización da sesión constitutiva do seu Consello Reitor, que terá lugar no prazo de tres meses desde a entrada en vigor deste decreto. A partir da constitución da Axencia realizaranse todas as actuacións conducentes á súa adaptación organizativa e de funcionamento.
Sen prexuízo do anterior, a posta en funcionamento efectiva da Axencia terá lugar coa entrada en vigor dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia que inclúan as dotacións necesarias precisas para o normal funcionamento da Axencia como ente instrumental.
Na súa virtude,
RESOLVO:
Facer público que a data da posta en funcionamento da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos será o 1 de xaneiro de 2016.
Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2015
Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade