O Decreto 112/2015, do 31 de xullo, polo que se crea a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e se aproban os seus estatutos (DOG nº 157, do 19 de agosto), establece na disposición adicional primeira, ordinal primeiro, parágrafo segundo, que a posta en funcionamento efectivo da Axencia terá lugar coa entrada en vigor dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia que inclúan as dotacións precisas para o normal funcionamento da Axencia como ente instrumental. Así mesmo, dispón que a data de posta en funcionamento da Axencia farase pública por resolución da súa presidencia mediante anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude,
RESOLVO:
Facer público que a data da posta en funcionamento da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde será o 1 de xaneiro de 2016.
Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2015
Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade