Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 28 de decembro de 2015 Páx. 48752

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 242/2014).

Procedemento ordinario 242/2014

Demandante: Ramiro Alonso Garabal

Demandados: Plana Artes Gráficas, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Ramiro Alonso Garabal contra Plana Artes Gráficas, S.L., Fogasa e a administración concursal, rexistrado co número 242/2014, se acordou citar a Plana Artes Gráficas, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, Polígono das Fontiñas, CP 15707 o día 25.1.2016 ás 9.25 horas e 9.30 horas para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta e demais resolucións e documentos que consten no procedemento.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Plana Artes Gráficas, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2015

A secretaria xudicial

Así mesmo, no mesmo procedemento (procedemento ordinario por instancia de Ramiro Alonso Garabal contra Plana Artes Gráficas, S.L., Fogasa e a administración concursal, rexistrado co número 242/2014) ditáronse as seguintes resolucións:

Auto de data 4.12.2015

Parte dispostiva

Declaro a nulidade de actuacións con retroacción do procedemento ao momento inmediatamente anterior á citación ás partes aos actos de conciliación e xuízo oral para que se emprace a administración concursal da empresa demandada.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza

Dilixencia de ordenación

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage

Santiago de Compostela o catro de decembro de dous mil quince

Visto o contido do auto do día da data procédese á nova sinalización dos actos de conciliación e xuízo o próximo día 25 de xaneiro de 2016 ás 9.25 e 9.30 horas, respectivamente, e serve a notificación da presente resolución de citación en legal forma á parte demandante e ao Fogasa.

Cítese a empresa demandada por medio de edictos que se inserirán no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Cítese a administradora concursal e remítaselle copia da demanda e a correspondente cédula de citación.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, telefax, enderezo electrónica ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a cal se recorre.

A secretaria xudicial

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Plana Artes Gráficas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2015

A secretaria xudicial