Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 28 de decembro de 2015 Páx. 48755

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (518/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 518/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eva García Montero contra o Servizo Público de Emprego Estatal, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e Exitmundo, S.L., ditouse sentenza o 3.12.2015 cuxa parte dispositiva establece o seguinte:

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda e, en consecuencia, declaro o dereito da demandante a percibir unha prestación de desemprego contributiva nos seguintes termos: 775,5 días de cotización, 240 días de dereito, período de remuneración: desde o 10 de decembro de 2009 ao 11 de decembro de 2009 e novamente desde o 12 de xaneiro de 2010 ao 6 de setembro de 2010, base reguladora 39,58 euros, porcentaxe da base reguladora 70 % os 180 primeiros días, 60 % a partir do 181, contía diaria inicial 27,70 euros, e condeno o SPEE ao aboamento das cantidades correspondentes, con condena á empresa Exitmundo, S.L. ao pagamento da diferenza de prestación por infracotización, estando obrigado o SPEE a adiantar o seu aboamento, sen prexuízo de poder repetir contra a empresa demandada.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo do establecido no artigo 191.3 LRXS.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Exitmundo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2015

A secretaria xudicial