De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non puideron practicarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior, e logo de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos, a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación no BOE deste anuncio, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña. Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (Reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 14 de decembro de 2015
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Interesado/a |
Nº de expediente |
Acto que se notifica |
Concello |
José Ricardo Iglesias Rodríguez |
IN635A 2014/205-1 |
Alegacións |
A Coruña |
José Pedre Rey |
IN635A 2015/166-1 |
Resolución |
Pontedeume |
Quinfer, S.C. |
IN635A 2015/227-1 |
Recurso de alzada |
Ferrol |
Mª Jesús Bellón Candal |
IN635A 2015/262-1 |
Resolución |
Arteixo |
Claudio Javier Valverde Peña |
IN635A 2015/264-1 |
Resolución |
A Coruña |
Ana Araujo González |
IN635A 2015/361-1 |
Alegacións |
A Coruña |
Ricardo Penas Gómez |
IN635A 2015/410-1 |
Resolución |
Ames |
Sugema, S.L. |
IN635A 2015/417-1 |
Resolución |
A Coruña |