Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 24 de decembro de 2015 Páx. 48172

IV. Oposicións e concursos

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2015 pola que se aproba a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo de secretario xeral, coordinador xeral e xefe do Servizo de Administración e Persoal desta institución.

Ao abeiro do establecido no artigo 7.l) do Regulamento de organización e funcionamento do Valedor do Pobo resolvo aprobar a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo de secretario xeral, coordinador xeral e xefe do Servizo de Administración e Persoal da institución do Valedor do Pobo, conforme as seguintes bases:

Primeira. Apróbase a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo de secretario xeral, coordinador xeral e xefe do Servizo de Administración e Persoal da institución do Valedor do Pobo que figuran na relación de postos de traballo (BOPG núm. 535, do 15 de outubro de 2015).

As características dos postos son as seguintes:

Secretario xeral:

1. Grupo de titulación: A.1.

2. Nivel de complemento de destino: 30.

3. Administración: pertenza como persoal funcionario a corpo superior licenciado en Dereito.

4. Complemento específico: 32.705,68 euros.

5. As funcións que se desenvolverán son as sinaladas para este posto no Regulamento de organización e funcionamento do Valedor do Pobo.

6. Centro directivo: Valedor do Pobo.

Coordinador xeral:

1. Grupo de titulación: A.1.

2. Nivel de complemento de destino: 30.

3. Administración: pertenza como persoal funcionario a corpo superior licenciado en Dereito.

4. Complemento específico: 32.705,68 euros.

5. As funcións que se desenvolverán son as sinaladas para este posto no Regulamento de organización e funcionamento do Valedor do Pobo.

6. Centro directivo: Valedor do Pobo.

Xefe do Servizo de Administración e Persoal:

1. Grupo de titulación: A.1.

2. Nivel de complemento de destino: 29.

3. Administración: pertenza como persoal funcionario a corpo superior.

4. Complemento específico: 30.826,74 euros.

5. As funcións que se desenvolverán son as sinaladas para este posto no Regulamento de organización e funcionamento do Valedor do Pobo.

6. Centro directivo: Valedor do Pobo.

Segunda. Poderán concorrer á convocatoria os funcionarios e as funcionarias de carreira de calquera Administración pública, grupo A.1, que pertenzan a corpos ou escalas superiores e sexan licenciados en Dereito nos casos requiridos.

Terceira. O persoal funcionario interesado poderá presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Valedor do Pobo, rúa do Hórreo nº 65 en Santiago de Compostela, no prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, na cal deixará constancia dos datos do posto que viñese desempeñando e dos méritos que desexe alegar.

Para participar nesta convocatoria solicítase que a persoa interesada formalice a petición de acordo co modelo que se inclúe no anexo.

Os aspirantes deberán achegar á súa petición un curriculum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos alegados.

Os méritos alegados e non probados segundo se indica no parágrafo anterior non se terán en conta.

Cuarta. Consonte o disposto no artigo 7.l) del Regulamento de organización e funcionamento do Valedor do Pobo, a convocatoria resolveraa a valedora do pobo.

Quinta. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia. De se considerar oportuno, poderá declararse que non procede a cobertura do posto de traballo.

Sexta. O prazo de toma de posesión das persoas seleccionadas será de tres días hábiles, de estar o destino anterior na mesma localidade, de sete días se comporta cambio de residencia, ou de vinte días se comporta o reingreso no servizo activo.

O prazo de toma de posesión comezará a contar desde o día seguinte ao do cesamento nese destino, se é o caso, que deberá producirse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución da libre designación.

Se a resolución comporta o reingreso no servizo activo, o prazo de toma de posesión comezará a contar desde o día seguinte ao da súa publicación.

Sétima. Contra a resolución pola que se aproba esta convocatoria, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, potestativamente, recurso de reposición perante a valedora do pobo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2015

Milagros María Otero Parga
Valedora do Pobo

ANEXO
MODELO DE SOLICITUDE

Datos persoais:

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

DNI

Data de nacemento

Teléfono

Enderezo

Localidade-Concello

Provincia

Corpo ou escala

Grupo

Nº R.P.

Destino actual

Administración

Dependencia

Localidade

SOLICITO:

Ser admitido/admitida á convocatoria pública para prover o posto de traballo polo sistema de libre designación, aprobada pola Resolución da Valedora do Pobo do 14 de decembro de 2015, por considerar que reúno os requisitos exixidos para presentarme ao posto de traballo que se indica:

Designación do posto

de traballo

Nivel

complemento destino

Centro directivo ou unidade de que depende

Localidade

Valedor do Pobo

Santiago de Compostela

Tempo de servizos prestados

Anos

Meses

Días

No corpo actual:

Noutros corpos:

No actual posto de traballo:

Outros destinos anteriores:

Títulos académicos:

Coñecemento da lingua galega:

Fala: *

Escribe: *

Entende: *

Outros méritos que se deban facer constar de acordo coas bases da convocatoria:

Outros méritos que a persoa candidata desexe facer constar:

(Lugar, data e sinatura)

Valedora do Pobo