Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 24 de decembro de 2015 Páx. 48247

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de decembro de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos ao expediente 84/75 e tres máis.

Na sesión celebrada polo Xurado Provincial o día 30 de novembro de 2015 figuran os acordos seguintes:

Monte de Mazo Santigoso (expediente 84/75), pertencente aos veciños do lugar de Mazo Santigoso da parroquia de Vilamor, no termo municipal de Folgoso do Courel, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial con data do 25 de marzo de 1976 e monte de Carballal (expediente 18/73), pertencente aos veciños do lugar de Carballal da parroquia de Vilamor, no termo municipal de Folgoso do Courel, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial con data do 14 de agosto de 1974. Con data do 10 de decembro de 2014 ten rexistro de entrada oficio do Distrito forestal VIII, achegando un acordo de deslindamento de avinza, practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio que tivo lugar o 13 de agosto de 2014 perante o Xulgado de Paz de Folgoso do Courel; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 9 de setembro de 2015 emite un informe en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza. O monte de Mazo Santigoso queda cunha superficie de 193,09 hectáreas, e o monte de Carballal cunha superficie de 588,77 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Monte Gándaras de Castro, Coutado e Campela (expediente 44/79), pertencente aos veciños da parroquia de Bendia, no termo municipal de Castro de Rei, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial con data do 1 de decembro de 1980, e monte de Arriba e de Abaixo (expediente 36/79), pertencente aos veciños da parroquia de Goberno, no termo municipal de Castro de Rei, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial con data do 14 de decembro de 1981. Con data do 23 de xuño de 2015, ten rexistro de entrada escrito de Daniel Pollán Cabana, como presidente da comunidade de Goberno, achegando un acordo de deslindamento de avinza, practicado entre estas comunidades, en canto ás liñas divisorias que separan os dous montes, aprobado mediante acto conciliatorio que tivo lugar o 1 de abril de 2015, perante o Xulgado de Paz de Castro de Rei; xuntan acta do deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación levantada no xulgado e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas. Dado traslado do devandito deslindamento ao Servizo de Montes, o 30 de outubro de 2015 emite un informe en que se especifican as modificacións de superficie que se producen como consecuencia da avinza. O monte Gándaras de Castro, Coutado e Campela queda cunha superficie de 221,04 hectáreas e o monte de Arriba e de Abaixo cunha superficie de 56,7 hectáreas. Examinada a documentación presentada, o Xurado, por unanimidade, acorda aprobar o deslindamento por avinza practicado, e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes respectivos.

Ao descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre os referidos montes, por medio do presente anuncio, en conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, póñense no seu coñecemento os devanditos acordos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da Lei de MVMC, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 3 de decembro de 2015

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo